Mostrando entradas con la etiqueta Bolsas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Bolsas. Mostrar todas las entradas

jueves, 13 de agosto de 2020

Convocatoria de Bolsas para o curso 2020/21

 

Xa se poden solicitar as bolsas ou axudas do Ministerio de Educación e Formación Profesional

  •  FP, Bacharelato e outros dende o 9 de agosto ao 1 de outubro de 2020.
  •   Universidade (grao e master) dende o 9 de agosto ao 15 de outubro de 2020.
  •  Apoio educativo dende o 9 de agosto ao 30 de setembro de 2020.

Toda a información necesaria está dispoñible no novo portal de bolsas e axudas do  MEFP.

 

martes, 30 de abril de 2019

Convocatoria da actividade formativa STEMweek


A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de publicar no Diario Oficial de Galicia a convocatoria da actividade formativa STEMweek, dirixida á mellora das competencias en lingua inglesa e competencia científico-tecnolóxica ou STEM. En total ofértanse 200 prazas para alumnas e alumnos de 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria, nunhas estadías que se desenvolverán no Centro Residencial Docente (CRD) da Coruña.


Requisitos de acceso 

 
Poderá solicitar a participación na STEMweek o alumnado que estea  cursando 3º ou 4º de educación secundaria obrigatoria no réxime xeral, en centros sostidos con fondos públicos, durante o curso 2018/19 en Galicia, que teña superadas todas as materias no curso 2017/18 cunha cualificación mínima de 6 na materia de inglés. Para puntuar e baremar as solicitudes recibidas teranse en conta a nota media do expediente no curso pasado, a renda per cápita da unidade familiar, a pertenza a familia numerosa e a discapacidade igual ou superior ao 33% ou pensionista de grande invalidez dalgún membro da unidade familiar en primeiro grao.

 Solicitudes 

 As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED504G) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes de forma presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. O prazo para presentación das mesmas será desde o 30 de abril ao 30 de maio de 2019, ambos os dous incluídos.

Máis información:

Enlace á convocatoria

jueves, 27 de septiembre de 2018

Bolsas da Fundación Amancio Ortega





Para estudiar 1º de Bacharelato en Canadá ou USA no curso 2019-20


A quen vai dirixida?  Alumnado que está  cursando 4º de la ESO nun centro educativo en España (público, privado o concertado), que non sexa de titularidade estranxeira. E que cumpla, ademais, os seguintes requisitos:

  • Ter unha nota media mínima de 7 en 3º da ESO,  e unha nota final de 8 en inglés
  • No ter disfrutado, como estudiante estranxeiro, dunha experiencia académica igual ou superior a 6 meses nun país distinto do da súa residencia habitual durante 1º, 2º ou 3º de ESO.
  • Dispoñer de pasaporte español (no momento da fase de preselección para aqueles candidatos que se rexistren con un NIE).
  • Cubrir e enviar correctamente o formulario de inscripción online, coa documentación requerida.

Que cubre a beca?

O 100% do custo dos servizos necesarios para cursar un ano académico en Canadá ou Estados Unidos: viaxe de ida e volta á localidade estranxeira de destino, taxas de escolarización e matrícula nun instituto público, aloxamento e manutención nunha familia de acollida, seguro médico e de accidentes, convalidación do curso académico e unha pequena asignación mensual para gastos menores.


Prazo de inscrición:

Do 24 de setembro ao 30 de outubro de 2018. O programa solo admite inscricións online


Máis información: 

Programa de becas da Fundación Amancio Ortega



Fonte: https://begoorienta.blogspot.com/
 

domingo, 19 de agosto de 2018

Bolsas e axudas a alumnos de estudos postobrigatorios





As bolsas están dirixidas á maioría de estudos posteriores ao ensino obrigatorio:

Ensinanzas universitarias de Grao, Máster, cursos de acceso á universidade para maiores de 25 anos, Bacharelato, Formación Profesional de Grao Medio e Superior, Formación Profesional Básica, Ensinanzas Artísticas Profesionais, Ensinanzas Deportivas, Ensinanzas Artísticas Superiores, estudos relixiosos superiores, estudos militares superiores, estudos de idiomas realizados nas Escolas Oficiais de Idiomas e cursos de acceso a Formación Profesional.

O prazo de presentación de solicitudes remata:

O 1 de outubro para os niveis non universitarios
O 15 de outubro para os universitarios.


Encontrarás toda a información nos seguintes enlaces, dependendo dos estudos que vaias cursar:

Bolsas para estudos non universitarios
Bolsas para estudos universitarios

Bolsas e axudas para alumnos con necesidade específica de apoio educativo


Prazo de presentación de solicitudes:

ABERTO desde o 15 de agosto de 2018 ata o 27 de setembro de 2018. 

Modalidades:
  • Axudas e subsidios para alumnado con necesidade específica de apoio educativo derivada de discapacidade ou trastorno grave de conduta. 
  • Axudas para programas complementarios a alumnos con necesidade específica de apoio educativo asociada a altas capacidades.
 Máis información e acceso ao servizo online

domingo, 10 de junio de 2018

Centros residenciais docentes 2018



A Consellería de Educación convoca prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso académico 2018/19.
Resultado de imaxes para centros residenciais docentes
 
Prazos:
  1. Para o alumnado matriculado en bacharelato, entre o día 11 de xuño e o 13 de xullo de 2018 (incluído).
  2. Para o alumnado matriculado en ciclos formativos, entre o día 11 de xuño  e o 8 de agosto de 2018 (incluído).

Requisitos:

A persoa solicitante deberá estar matriculada nunha concreta modalidade dun nivel educativo ou nunha familia profesional ou especialidade dun ciclo formativo, que:

a) Non se imparta en ningún centro sostido con fondos públicos da localidade de residencia habitual da unidade familiar á cal pertenza.

b) Tampouco se imparta nunha localidade que, pola súa proximidade á de residencia habitual ou polos medios de comunicación dispoñibles, permita o desprazamento diario con facilidade.

Excepcionalmente, poderán ser eximidos deste requisito os solicitantes nos cales concorran circunstancias persoais ou familiares moi graves debidamente xustificadas e acreditadas.

Compatibilidades:

A condición de adxudicatario/a de praza de residencia gratuíta é compatible coas axudas da convocatoria xeral de bolsas e axudas ao estudo, agás aquelas que teñan como compoñente o pagamento de gastos de comedor e/ou residencia escolar.

Adxudicación de praza gratuíta


1. Cando a renda da unidade familiar sexa igual ou inferior ao limiar 2 fixado polo Real decreto 293/2016, do 15 de xullo, do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, polo que se establecen os limiares de renda e patrimonio familiar e as contías das bolsas e axudas ao estudo para o curso 2016/17 (Boletín Oficial del Estado núm. 171, do 16 de xullo).

2. Cando se trate de alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.


Adxudicación de praza gratuita e  bonificada 


1. Cando a renda da unidade familiar sexa superior ao limiar 2, a persoa adxudicataria deberá aboar anualmente as seguintes cantidades:

a) Ata un 10 %: 551,99 €.

b) Máis do 10 % e ata un 20 %: 846,45 €.

c) Máis do 20 % e ata un 30 %: 1.340,98 €.

d) Máis do 30 %: 2.019,17 €.

2. O pagamento desta cantidade poderá fraccionarse ata un máximo de 3 prazos trimestrais, que deberán facerse efectivos antes do inicio do respectivo trimestre.


Máis información: DOG do 31 maio de 2018 e nos CRD:



miércoles, 5 de octubre de 2016

Bolsas Fundación Amancio Ortega

 

A Fundación Amancio Ortega convoca unha nova edición das bolsas para estudar 1º de Bacharelato en Estados Unidos ou Canadá durante o curso académico 2017/2018.

Son un total de 500 bolsas( 80 esas bolsas están destinadas a estudantes galegos)  dirixidas ao alumnado de 4º de ESO que lles permitirá convivir cunha familia durante o curso escolar no país de destino.


REQUISITOS:
  •     Estudar actualmente 4º de ESO nun centro educativo en España e ter pasaporte español.
  •     Ter unha nota media mínima de 7,00 en 3º de ESO e de 8,00 en inglés.
  •     Non estudar un ano académico no estranxeiro con anterioridade (1º, 2º ou 3º de ESO).
  •     Enviar o formulario online correctamente cumprimentado coa documentación esixida.