As
probas de clasificación son un exame que determina o nivel dun alumno
nun idioma concreto. Están dirixidas a alumnos novos que desexen
matricularse nunha escola oficial de idiomas nun curso superior ao que
poderían acceder por expediente académico. A superación desta proba
determinará o curso no que se pode matricular pero non garante o seu
acceso pois ha de someterse igualmente ao proceso de preinscrición.
REQUISITOS PARA PRESENTARSE:
- 16 anos para o idioma que se cursou como 1ª Lingua Estranxeira na ESO
- 14 anos para outro idioma distinto do cursado en ESO como 1ª Lingua Estranxeira.
PRAZO DE INSCRICIÓN:
Do 15 ao 30 de maio de 2014.
Os impresos de solicitude pódense descargar nas propias webs das EOI ou ben se pode acudir directamente a elas.
ENLACE Á GUIA DAS PROBAS DE CLASIFICACIÓN
No hay comentarios:
Publicar un comentario