miércoles, 24 de junio de 2015

Ciclo Medio de Atletismo 2015-16






No IES As Barxas  contamos cun  Ciclo Medio de Atletismo, inscrito dentro das Ensinanzas Especiais,que se organiza en dous niveles: nivel 1 e nivel 2  dun ano de duración.Como calquera ensinanza especial  é compatible con outras ensinanzas oficiais como Bacharelato ou FP. A superación do  curso médio é  condición necesaria para acceder ao superior.

Condicións de acceso:
  •     Graduado en ESO , proba de acceso a ciclos medios ou estudos equivalentes
  •       Superación dunha proba física de acceso.
Prazo de inscrición:  do 6 de xuño ao 10 de xullo de 2015 

O título que se obtén,  tras a superación das ensinanza,  é o de Técnico deportivo en atletismo. As titulacións de Técnicos deportivos acreditan que a persoa posúe as competencias necesarias para desempenar funcións correspondente á iniciación deportiva, tecnificación deportiva e condución de actividade ou práctica deportiva.

No hay comentarios:

Publicar un comentario