Na convocatoria para 2016-17 das probas físicas inclúense varias novidades:
1. O APTO gárdase para a convocatoria seguinte, é dicir, este ano tería
validez na presente (2016-17) e na seguinte (convocatoria do 2017-18).
2. Polo tanto, o alumnado interesado de 1º bacharelato, ou outras
titulacións que aínda non remataran os seus estudos, pode presentarse ás
probas físicas desta convocatoria (2016-17) pois, de acadar o APTO,
sería válido tamén na convocatoria seguinte (2017-18).
3. Esta novidade tamén ten carácter retroactivo, é dicir, o alumnado que
o ano pasado (convocatoria 2015-16) obtivo o APTO, NON ten a obriga de
presentarse nesta convocatoria, pois recoñéceselle o resultado da pasada
convocatoria (2015-16).
4. Recoñécense as probas físicas de acceso superadas de calquera universidade española.
5. Este ano tamén se aprobaron dúas datas diferentes para poder obter a cualificación de APTO:
1ª data: 26 de maio;
2ª data: 23 de xuño.
Se quedan vacantes tamén hai a posibilidade de setembro, pero non é
habitual. O pago das tasas da dereito ás tres datas, polo que, no caso
de suspender na primeira data (maio), pode volver tentalo na segunda
(xuño), ou terceira (setembro).
AVISO: Condicións Xerais para Aprobar as Probas Físicas (consultade tamén o baremo no regulamento)
- Os aspirantes deben superar con “APTO/A”:
- A proba nº 1 de Adaptación ao Medio Acuático, obrigatoriamente.
- Cinco das outras seis probas, entre as nº 2, 3, 4, 5, 6 e 7.
- Un total de seis probas, sempre e cando se cumpran ámbalas dúas condicións anteriores.
- No caso de non cumprir algunha das condicións anteriores serán cualificados como "NON APTO/A" no global das probas físicas, e tamén quedarán excluídos de facer o resto das probas. Xornadas de Adestramento das Probas Físicas (Por confirmar datas este ano)
¿Tes dúbidas de cómo son exactamente as probas aínda despois de ver o video das mesmas?
¿Queres coñecer algún truco para facer mellor as probas?
A Delegación de Alumnado da Facultade organiza tódolos anos uns días
antes da celebración das probas unhas Xornadas de Adestramento das
Probas de Aptitude Física que dan acceso o Grao en CC da Actividade
Física e do Deporte. As datas (fechas) e o horario aínda está por
determinar este ano (publicarase nesta mesma web en canto se saiba).
Se
queredes apuntarvos enviade, por favor, un correo a dafacedepo@gmail.com
indicando cando asistiredes.
Para máis información:
Mail: dafacedepo@gmail.com
Tlf: 986.801.722
DOCUMENTACIÓN
No hay comentarios:
Publicar un comentario