jueves, 7 de mayo de 2020

Graos universitarios abertos, unha opción para estudantes indecisos






QUE É UN GRAO ABERTO? 
O grao aberto é un tipo de formación universitaria na que o estudante pode escoller e cursar materias de diferentes graos durante o primeiro ano e medio dos estudos universitarios, de maneira que poida facerse unha idea máis realista de en que consiste un grao universitario e así decidirse por un en concreto. 
 COMO SERÁN OS GRAOS ABERTOS EN GALICIA?
Cada programa de grao aberto debe combinar materias como mínimo de tres graos que deben pertencer á mesma rama de coñecemento. O número de prazas ofertadas por cada grao aberto será dun máximo de 25. 
As universidades deberán garantir que o alumnado matriculado nestes programas poida cursar un máximo de 90 créditos; ofrecerlles un proceso continuo de tutorización e mentorización; e recoñecerlles a maioría dos créditos cursados no grao finalmente elixido.
 CALES SERÁN Os REQUISITOS PARA ACCEDER Aos GRAOS ABERTOS?
Para acceder aos graos abertos, o alumnado deberá contar cunha nota de acceso como mínimo, igual á máis alta de todas as titulacións de grao integradas no programa. Como referencia empregaranse as notas de corte desas titulacións no presente curso académico 2019-20.
CAL SERÁ A OFERTA? 
 A UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA ofertará para o curso 20/21 un grao aberto: Grao en Enxeñarías que se impartirá no campus de Lugo. 
A UDC ofertará para o próximo curso dous graos abertos: 
Grao aberto en Ciencias Sociais e Xurídicas: Será un programa de 90 créditos (un curso e medio) e ofertaranse 10 prazas. Impartirase no Campus da Coruña. 
Grao aberto en Enxeñaría Industrial: Será un programa de 60 créditos (un curso) e ofertaranse 8 prazas. Impartirase no Campus de Ferrol.

Fonte: https://monicadizorienta.blogspot.com/

No hay comentarios:

Publicar un comentario